Axuda do LibreOffice 24.2
Opcións para converter o obxecto seleccionado.
Converte o obxecto seleccionado nun polígono (un obxecto pechado por liñas rectas). O aspecto do obxecto non muda. Se o desexa, pode premer co botón dereito do rato e escoller Editar puntos para mostrar as alteracións.
Converte o obxecto seleccionado nun polígono ou un grupo de polígonos. Se a conversión crea un grupo de polígonos (por exemplo, cando converte un obxecto de texto), entre no grupo premendo en F3 para seleccionar un polígono individual.
Crea unha forma tridimensional xirando o obxecto seleccionado en torno do seu eixe vertical.
Converte o obxecto seleccionado nun mapa de bits (unha grade de píxeles que representa unha imaxe).
Converte o obxecto seleccionado en Windows Metafile Format (WMF), que contén os datos gráficos tanto de mapa de bits como de vectores.